Proxectos
Qué é Trópico de Grelos?
A asociación cultural Trópico de Grelos é o resultado do traballo dun conxunto de persoas amantes da percusión afrobrasileira que, a súa vez, é o xerme dunha pluralidade de proxectos relacionados coa música. En todos eles, participa xente nova que busca animar o seu tempo de lecer con ritmo, traballo en equipo e a vontade de crear un entorno agradable para poder realizar ensaios e, máis tarde, os seus correspondentes espectáculos en directo.