Os cursos monográficos de Trópico de Grelos son aulas complementarias á Escola Prucupá,onde se amplían coñecementos relacionados coa percusión, danza, canción, a construción de mazas e instrumentos e moitos máis contidos pertencentes a esta rama musical.
Quen imparte son docentes ilustres, mestras e mestres que invita a asociación ou o profesorado propio.
Estes cursos intégranse no seo do calendario lectivo de Trópico de Grelos.
Neles tamén poden participar persoas alleas á agrupación, interesadas nos temas impartidos. O seu carácter diverso e especialización, afondan na materia, convertendo estas aulas no aporte perfecto para complementar as ensinanzas da escola Prucupá.
Obradoiro de construción de mazas 2016-2017![]() |
Obradoiro de danza afrobrasileira + danza con instrumento 2015-2016![]() |