Bloco da Escola Prucupá – San KANUTO 2018

Actuación Bloco da Escola Prucupá | 19 xaneiro 2018 | Compostela


Logo de varias edicións colaborando ca Xuntanza Antiprohibicionista o Bloco da Prucu volta amenizar o pasarrúas con batucada xuntando de novo aos tambores cas reivindacións de rúa que lle deron orixe a estes ritmos de percusión.



“O carácter festivo e de celebración do San Kanuto encaixa perfectamente ca filosofía do bloco de percusión que xurde na Escola. Esta actividade, ceive de clichés e de restricións artísticas que acostuman noutras actuacións, serve pra reivindicar unha sociedade máis xusta, leda e exenta de esas convecións sociais rancias, que lexislan en contra da liberdade e da vontade popular con ideas peregrinas e contradictorias.

Somos unha tribu global preocupada por vivir en sintonía co noso entorno e os nosos semellantes a través do que nos une, deixando de lado as diferenzas ficticias impostas polo mundo cada vez máis encorsetado.

A implicación nestes eventos por parte das persoas da nosa escola e total, sen ter relación directa cos hábitos e gustos persoais dos seus integrantes. Trátase dunha simbiose perfecta a cal nos permite dar a coñercer o noso xeito de ver o mundo a través da nosa música, integradora e humanizadora; Espertar conciencias ó son da pel e a madeira, e apoiar dun xeito humilde un movemento social que só pretende acadar un espazo mellor para as persoas: unha volta ás orixes das nosas sociedades, onde o intercambio de ideas e a comunicación eran realidades de cotío e non utopías polas que loitar”

| Anaco do artigo de María von Touceda na revista Cáñamo


“…Gracias por aturar o frío, por non perder nin ritmo nin sorriso e por gozalo tanto ou máis que os que iamos detrás. Dende aquel día teño conxelado o momento, posiblemente pola sensación térmica de -20º que nos acompañou durante todo o camiño. Pero alí estivemos, de principio a fin, da CSA do Sar á praza do Toural, co ritmo no corpo, nos pés, nas mans case mortas, nos narices vermellos, nos ollos chorosos, na calma…”

|Anaco do artigo de Punkostela |