![]() |
![]() |
![]() |
||||
|
Menú de Proxectos: |
Trópico de Grelos "Batuke Galego" O noso espectáculo de batuque é o principal proxecto da asociación. Trátase dun espectáculo de pasarrúas con trece músicos tocando instrumentos de percusión, dunha duración de entre hora e media e dúas horas. A música está acompañada polo impacto visual do bloco, uniformado e en formación, e das súas coreografías. A formación divídese por seccións instrumentais. Está composta por tres surdos, tambores máis graves, que fan a base do ritmo, tres ou catro caixas, dous ou tres repiques, tres ou catro tamboríns e un chocallo. A formación instrumental pode variar dependendo do ritmo que se está a interpretar. Hoxe o repertorio do “Batuke Galego” está dividido en tres grandes seccións das que se encargan cada un dos nosos tres directores. Xurxo dirixe o Baiao, mentres que Lucas fai o propio co Samba e Narci co Samba reggae e o Reggae Baiano. Isto faise porque deste xeito, a interpretación de cada ritmo é máis pura e conséguese un sonido moito mellor xa que entre sección e sección o bloco ten que cambiar un pouco o “chip”, debido á diferencia existente entre eles. Mentres o director non está exercendo a súa principal función pasa a formar parte do bloco, integrándose nas súas filas, polo que sempre hai dous directores tocando cos demais músicos e un terceiro dirixindo.
|
|||
| INICIO | COUSAS DO TRÓPICO | FOTOS, VIDEOS E MÚSICA | PROXECTOS | CONTACTO | ||
ASC Trópico de Grelos 2.009 info(arroba)tropicodegrelos.com 615 91 41 61 Santiago de Compostela |
||
|
| ||