ala cabecera ala_de
cabecera_tropico

Menú de Proxectos:

tropico de grelos

escola prucupa

obradoiros

bossa nova

escola mobil

samba enredo

som da terra

Escola do Trópico "Prucupá"

"Prucupá a Escola do Grelo"

Prucupá é un dos máis recentes proxectos da Asociación Trópico de Grelos. Xurdiu do interés de formar máis músicos capacitados para tocar nos demais grupos de Trópico de Grelos e revelou unha gran contribución á formación musical de amantes e profesionais da música, posuíndo un contido musical e histórico que pasa por todo o recorrido da cultura afro-brasileira. A metodoloxía adoitada consiste en aprender de forma cronolóxica e xeral tódalas máis importantes vertentes da musica afro-brasileira en aulas de contido histórico, combos (clases prácticas), técnica de cada instrumento, lectura e percepción rítmica;

escola1

As clases son divididas en módulos que evolucionan de forma progresiva.

Por exemplo:

Módulo I
“Brasil na sua orixe” (historia)
• Conta un pouco o xurdimento e desenvolvemento da cultura popular no Brasil, seus vínculos cos colonizadores, primeiros habitantes e escravos que chegaron;

escola3



Técnica de coiro (pandeiro e atabaques)
• Clase dedicada ao aprendizaxe de técnicas actuais utilizadas nunha das categorías máis primitivas da instrumentación. O coiro animal e a man humana;

Técnica de baqueta e mazas.
• Clase dedicada ao aprendizaxe de técnicas básicas para a utilización de baquetas e mazas;

Leitura e percepción rítmica (negras, corcheas, semicorcheas e figuras típicas)
• Materia esencial para o desenvolvemento dun músico máis completo, utilizando a lingüaxe rítmica, musical, percepción auditiva de sons e ritmos como vehículo de aprendizaxe;

Combos (Cabula, Ijexà, Choro, Reggae Baiano)
• Consiste en levar a práctica todo o aprendido nese módulo, tocando ritmos primitivos formadores da música brasileira, aplicando tódala técnica aprendida, lingüaxe musical e historia;

escola2 escola4

   
  INICIO | COUSAS DO TRÓPICO | FOTOS, VIDEOS E MÚSICA | PROXECTOS | CONTACTO  

ASC Trópico de Grelos 2.009     info(arroba)tropicodegrelos.com     615 91 41 61     Santiago de Compostela