![]() |
![]() |
![]() |
||||
|
Menú de Proxectos: |
Isto é Bossa Nova Isto é Bossa nova é un espectáculo do xénero musical brasileiro mais famoso e difundido polo Mundo: A Bossa nova. Dito xénero reflexa a música do Brasil desde o ángulo máis sofisticado resumindo as ricas percusións e ritmos, as cadencias e agradables melodías nunca música simplemente celestial.
O traballo é por definición pura bossa-nova. Nel, execútanse temas que representan este movemento tan famoso no mundo e que foron a parar nos repertorio de iconos do Jazz como Frank Sinatra, Nat king Cole, Stan Getz, Ella Fitzgerald, Sarah Vaughan,etc. Bossa é unha palabra que se usa para atribuír a unha cousa un punto especial, algo de interesante que no caso da música foi atribuída ao samba que toca João Gilberto, Tom Jobim, Caetano Veloso, Vinicius de Moraes e moitos outros. Seu arranque por dicir de algún xeito foi con a gravación do disco chega de saudade onde João Gilberto mostra ao mundo esa bossa, ese xeito especial totalmente novo de interpretar, utilizando progresións harmónicas non convencionais con influencias do Jazz e bases rítmicas de guitarra e voz totalmente independentes que ao mesmo tempo soan como un só ser. ISTO É BOSSA NOVA inclúe no seu repertorio, cancións propias, standards de Bossa Nova como: “Bim Bom”, “Doralice”, “Rosa Morena”, “Samba de uma Nota só”, “Bahia com H”,etc e tamén algúns standards de Jazz como “Fly me to the Moon”, “I Feel So Smoochie”, etc.
O trío por onde pasou contou cos aplausos de todos e tamén coa presencia de grandes músicos e amigos que ao pasar pola Galicia sempre contribúen para a solidificación do grupo como é o caso do saxofonista alemán Kilian Hübinger.
|
|||
| INICIO | COUSAS DO TRÓPICO | FOTOS, VIDEOS E MÚSICA | PROXECTOS | CONTACTO | ||
ASC Trópico de Grelos 2.009 info(arroba)tropicodegrelos.com 615 91 41 61 Santiago de Compostela |
||
|
| ||