Obradoiros con Dendê Macêdo

Obradoiros con Dendê Macêdo

O vindeiro mércores 17 de outubro chega dende Philadelphia Dendê Macêdo, grande mestre da percusión afrobrasileira, exintegrante de grupos como Timbalada, entre moitos outros.
Realizaremos con el varias actividades, entre as que se atopan varios obradoiros e un ensaio pechado para o noso Bloco Afro, que será dirixido polo mestre.

Obradoiros con Dendê Macêdo


Obradoiro de percusión Afrobrasileira con Dendê Macedo

Obradoiro no que estudaremos os ritmos dos Blocos Afro, cos diferentes instrumentos típicos dos mesmos: timbau, repique, caixa ou surdo.

Apto para calquera persoa que xa estea iniciada no mundo da batucada.

Sábado 20 de Outubro
17:00 a 20:00h
25€ (20€ para alumnado da Escola Prucupá)
Castiñeiño, 21, Santiago de Compostela

Prazas limitadas!


Obradoiro de Timbau con Dendê Macedo
Nivel avanzado

Obradoiro no que estudaremos técnica, recursos e diferentes ritmos do instrumento popularizado pola Timbalada de Carlinhos Brown.

O taller está limitado a 15 prazas e é apto para persoas con bastante experiencia fronte o instrumento.

Domingo 21 de outubro
17:00 a 19:00h
20€

Prazas limitadas!

Inscricións para ámbos obradoiros no 661 154 166
ou en info@tropicodegrelos.com


Dendê Macêdo é percusionista, cantante, compositor, director musical, profesor e multi-instrumentista.

É músico profesional dende os 14 anos, intre no que debutou na primeira liña con Timbalada, o grupo de percusión de Carlinhos Brown. Dende 2001 ven desenvolvendo a súa carreira en solitario, dividindo o seu tempo entre EEUU e Salvador de Bahía,  traballando co seu grupo folclórico Ologundê e a súa banda Dendê & Band.

Ten feito obradoiros por todo EEUU e Brasil, en institucions tan prestixiosas como “Lincoln Center, the Juilliard School, the Eastman School of Music and the Peabody Conservatory” entre moitas outras. Actualmente Dendê imparte aulas regulares na área de Philadelphia.

Xa impartiu obradoiros e dirixiu un ensaio privado para Trópico de Grelos en outubro de 2016 e quedamos tan contentas que queremos repetir!