Achégase Entroido...

Proxectos

Go to Bloco Afro

Bloco Afro

O Bloco Afro é un dos espectáculos máis soados de Trópico de Grelos

Go to Escola Prucupá

Escola Prucupá

Escola de percusión afrobrasileira. Grupos de Batucada

Go to Obradoiros

Obradoiros

Obradoiros de iniciación á percusión e diversos cursos monográficos

Go to BateBatuke

BateBatuke

Xornada Festiva en Santiago de Compostela

Qué é Trópico de Grelos?

A asociación cultural Trópico de Grelos é o resultado do traballo dun conxunto de persoas amantes da percusión afrobrasileira que, a súa vez, é o xerme dunha pluralidade de proxectos relacionados coa música. En todos eles, participa xente nova que busca animar o seu tempo de lecer con ritmo, traballo en equipo e a vontade de crear un entorno agradable para poder realizar ensaios e, máis tarde, os seus correspondentes espectáculos en directo.

O ambiente que se respira nesta asociación é de alegría e cooperación, cuestión que se reflicte tanto no local de ensaio, como nas rúas.
É alí onde Trópico de Grelos manifesta musicalmente os entusiastas e rotundos ritmos sobre os que traballaron.
A forte implicación dos seus compoñentes, xunto con novos aires que entran cada ano a través da Escola Prucupá, fan desta asociación un ente vivo que deleita a toda aquela persoa que se achegue a participar ou a escoitar calquera dos seus proxectos.
Trópico de Grelos é, en resumo, a constancia e o ritmo, que repica tanto no aspecto interno da asociación,
como nas rúas onde dan renda solta á súa animada música festiva.

Qué instrumentos tocamos?

Estes son os instrumentos que actualmente utilizamos nas nosas formacións e actuacións.

Actualidade