Os Obradoiros de Iniciación á Percusión de Trópico de Grelos son aulas enfocadas para tódolos públicos, sin que as participantes teñan que ter coñecementos musicais previos. Neles, o profesorado e axudantes, encargaranse de achegar ao alumnado ao mundo dos ritmos afrobrasileiros, mentres a música os acompaña durante toda a aula.
![]() |
![]() |
Estes talleres resultan unha actividade dinámica e entretida, onde quen participa desfrutará do contacto cos instrumentos e comezará a sentir os ritmos como seus. Aínda que o alumnado non teña os coñecementos previos, dende o comezo veranse inmersos na actividade, funcionando como parte do bloco.
As aulas poñen énfase nas bondades da coordinación e o oído musical, e fan do tempo lectivo un bo rato para compartir con outras persoas, que tamén buscan divertirse mentres aprenden.
Obradoiro de percusión no Vive o Verán![]() |
Obradoiro de percusión no Festival AUM ![]() |