VÍDEOS
- Feria Medieval de Mondoñedo
- Batuke Galego: Samba
- BateBatuke09
- Obradoiros
- Batuke Galego: Samba Reggae
- Trópico no Palco
![]() Feria Medieval de Mondoñedo Actuación do noso bloco de batucada polas ruas de Mondoñedo o pasado día 14 de agosto na feria medieval desta vila. Verán 2010 |
![]() Batuke Galego: Samba en Ourense O bloco de batuque Trópico de Grelos "Batuke Galego" montando a festa nas ruas do casco histórico de Ourense a ritmo de samba Entroido 2010 |
![]() BateBatuke09 1ª edición do festival anual da asociación, realizado no parque de Belvís con obradoiros de percusión, xantar popular e actuacións do Bloquinho da Salgueira, Deggo e Trópico de Grelos, con roda de Capoeira a cargo do Grupo Zimba |
![]() Obradoiros de Iniciación á Percusión. Fragmentos de diferentes obradoiros de percusión organizados pola nosa asociación |
![]() Trópico de Grelos "Batuke Galego" na Festa do Trópico, 29 de abril de 2010. Sala Nasa, Santiago de Compostela. |
![]() Trópico no Palco coa colaboración de Najla Shami na Festa do Trópico, 29 de abril de 2010. "Que Beleza" e "Máis que nada" |
Próximo evento
e ti que pensas?
gustouche o BateBatuke 2.010???
Rexístrate!
Xa estamos na recta final do verán, e co estío tamén remata a época de maior concentración de concertos para o noso bloco de batucada. Estamos moi contentos co balance deste ano a moitos niveis e por iso queremos agradecerllo, tanto ás persoas que estiveron con nós nos eventos que organizamos, como á xente que nos seguiu por Galicia adiante durante as nosas actuacións nas diversas vilas... Como é lóxico tamén queremos agradecer aos concellos e outras entidades a confianza que teñen depositada no noso grupo de percusión de rúa á hora de deseñar os seus eventos.
Ao longo do ano, foron varias as actividades que a nosa asociación levou a cabo, concentrando o traballo na evolución por eidos diferentes da percusión de rúa na que habitualmente funcionamos. Deste xeito, e como colofón deste proceso, conseguimos montar por vez primeira A Festa do Trópico, na Sala Nasa (29 de abril, Santiago de Compostela). Trátase dunha festa temática, coa percusión afrobrasileira como motivo, na que durante preto de tres horas, fóronse sucedendo actuacións de diferente natureza, dende o candomblé ou o circo ata a estrea dun ambicioso espectáculo propio no que se conseguiu xuntar a poderosa percusión de Trópico con instrumentos melódicos e harmónicos, conseguindo así un espectáculo único: Trópico no Palco. Precisamente, queremos dar os nosos agradecementos á xente que nos axudou neste espectáculo, dende a dirección da Sala Nasa, por confiar en nós meténdonos na súa programación, ata os artistas que participaron desinteresadamente no espectáculo. Moitas gracias polo tanto aos pallasos Isla le Triska, Jano e Pajarito, polas súas magníficas actuacións e por manter a risa do público ao longo de todo o evento; e gracias tamén ao mestre Boca do Rio, Olivier Cano, Najla Shami, Uxía Senlle, O Coro Da Ra, Antón Bello e Sergio Tannus, por xuntar as súas voces e técnica instrumental ás percusións de Trópico, facendo posible un espectáculo diferente e belo.
Axenda de actividades

Novas de Trópico
Actividades do 2010, agradecementos
Festival Dos Abrazos 2010
festivaleando!!!
San Xoan en Balboa e Festas de Ourense
- 1
- 2
Trópico de Grelos Batuke Galego
Samba Enredo desfile de samba
Zum-Bom
Trópico no Palco
Som da Terra
Obradoiros de Iniciación á Percusión
Master Clases
prucupá móbil
BateBatuke Festival de percusión
Afrofunk
Isto é Bossa Nova
A Caixa de Tambora
Vídeos (Youtube)
Audio (Myspace)
Fotos (Flickr)
Facebook de Trópico
Twitter de Trópico









