Zum-bom é un espectáculo paralelo ao “Batuke Galego” e unha síntese do mesmo. Está especialmente deseñado para a animación de rúa en lugares nos que é imposible levar os nosos “blocos” máis numerosos, xa sexa por motivos de sonoridade ou por aspectos relativos á produción. Cun número de músicos variable, a idea deste espectáculo de rúa é cubrir os mínimos necesarios nos diferentes rexistros sonoros para garantir a mellor acústica posible e unha capacidade de animación e achegamento á xente propia dun grupo moito maior de persoas. O repertorio variará segundo o criterio dos nosos directores artísticos, tendo en conta o lugar, o público, o formato, etc., para enriquecer a festa ou o evento co noso concentrado de batuque, do mellor xeito posible. |
| Video do espectáculo. |
| En breve .. |
| Fotografías do espectáculo. |


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




