O Batuke Galego de Trópico de Grelos
Ritmos afrobahianos... Cancións de aquí e de máis alén do mar... A enerxía do bloco de batuque...
Trópico de Grelos presenta o novo "Batuke Galego", un espectáculo no que se combinan os instrumentos de percusión dos nosos blocos coas cantigas e as melodias respondidas polo coro de batuqueiras e batuqueiros.
O Batuke Galego de Trópico de Grelos é un espectáculo feito para a rúa, para tocar entre as persoas, lonxe das barreiras que supón un escenario, contaxiando a ledicia e o ritmo entre todo o público.
Todo isto, xunto co carácter itinerante do bloco, que nos permite movernos de praza en praza, e a presencia de máis de unha decena de percusionistas aos que se suma o cantante, fai do noso Batuke Galego un espectáculo poucas veces visto na nosa terra. |
| Video do espectáculo. |
| Fotografías do espectáculo. |
|
|


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




