Bloco Afro de Trópico de Grelos
Batuke Galego, Samba Reggae (O Bloco Afro de Trópico de Grelos). O bloco afro de Trópico de Grelos trae todo o sabor das rúas de Salvador de Bahía e a esencia da súa negritude, nun estilo que hoxe por hoxe atópase plenamente consolidado con formacións da importancia de Olodum, ou Ilê aiyê. O esquema de instrumentos é diferente ao usado no Samba, cunha maior importancia e número de surdos (tambores máis graves), que se xuntan cos repiques e caixas e cos timbaus para darlle a este espectáculo un carácter e unha personalidade propios e diferenciados. O Samba Reggae de Trópico caracterízase pola contundencia, tanto do ritmo como dos seus cortes ou fraseos ao unísono. O público asistente a este espectáculo non ficará indiferente dende que comecen a soar as primeiras notas dos tambores. Un efervescente repertorio e unha continua pesquisa nos seus diferentes estilos e novidades son garantía de calidade neste espectáculo, ideal para a noite e a festa. |
| Video do espectáculo. |
| Fotografías do espectáculo. |


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




