EspañolGalego

Desfile de Samba Enredo

Samba Enredo - Trópico de Grelos

Ao máis puro xeito do Carnaval de Rio de Janeiro, Trópico de Grelos tráenos o seu Desfile de Samba Enredo no que a habitual batería de experimentados percusionistas fai a base rítmica dunha peza musical cantada, que tamén consta de harmonía.

A orixinalidade deste espectáculo reside no seu formato, pois trátase dun cantante con "cavaquinho" que fai a súa actuación enriba dunha carroza, mentres que os percusionistas e demais membros da comitiva do show (bailaríns e bailarinas, capoeiristas, etc), desfilan en formación inmediatamente detrás.

É un espectáculo especialmente deseñado para desfiles como os que se fan habitualmente no Entroido, aportando o carácter festivo que implica o Samba Enredo, música en directo cunha gran forza e unha capacidade sen igual de animar as rúas polas que pasa.

 

    Video do espectáculo.

 

    Fotografías do espectáculo.
En breve ..