Trópico no Palco
O espectáculo de escenario por definición de Trópico de grelos. Consta dun bloco de percusionistas, que acompaña ao cantante e músicos doutros instrumentos harmónicos, como guitarra ou cavaquinho, interpretando un repertorio de temas típicos da música brasileira ao lado doutros de nova creación. Nel combínanse dous ingredientes que fan del un espectáculo musical único na nosa terra galega. Por un lado a potencia do bloco de percusión, avalada pola ampla experiencia dos membros de Trópico de Grelos e por outra banda a natureza festiva dunhas cancións brasileiras sobradamente coñecidas por todos. En Trópico no Palco interprétanse, ao longo de aproximadamente hora e media, temas propios e outros de artistas como Jorge Ben, Gilberto Gil, etc. Pasando por diversos xéneros da música brasileira: Samba, Samba Reggae, Funk... Trópico no Palco asegura un bo rato de festa e de alegría, no que o público non poderá deixar de bailar e de cantar con nós. É un espectáculo deseñado para a súa exhibición en locais e escenarios de festas e festivais. |
| Video do espectáculo. |
| Fotografías do espectáculo. |


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




