EspañolGalego

Escola de percusión "Prucupá".

Escola Prucupá - Trópico de Grelos

Prucupá é a escola de percusión de Trópico de Grelos, situada en Santiago de Compostela, que cada ano, entre os meses de outubro e maio, contribúe á formación de músicos e músicas xa dende o ano 2008.

Na escola de percusión Prucupá desenvólvense diferentes materias ou módulos de carácter trimestral. Neles, cada un dos profesores encargase de traballar co grupo de alumnos sobre un estilo musical do que se van a acadar fondos coñecementos, estudiando cada un dos instrumentos que compoñen os “ensembles” propios do ritmo, a súa orixe histórica e a técnica necesaria para interpretalo, así como bailes e coreografías ou material adicional de interese para a formación do alumno.

As tres grandes liñas de contidos que se desenvolven na nosa escola e das que se derivan os diferentes módulos son Samba, Samba reggae e reggae bahiano, e técnica de man aplicada. Teñen un claro vínculo cos restantes proxectos de Trópico, co que é moi sinxelo para o alumnado de Prucupá, completar os seus estudios de percusión nos ensaios semanais e concertos do bloco. Cada unha destas liñas temáticas é impartida por un profesor diferente de Prucupá, especialista na materia. De xeito transversal, Prucupá aporta ao alumnado formación en lectura e percepción rítmica, e técnica instrumental.

Un dos obxectivos principais da escola é conseguir que os alumnos fagan diferentes concertos cara ao publico ao longo do ano. Isto conséguese mediante mostras periódicas nas que os “prucupeiros” amosan os seus novos ou consolidados coñecementos de percusión.

Información do curso 2011-2012 de Prucupá

 

    Video da actividade.

Vídeo da actuación dos alumnos e alumnas do curso 2009-10 de Prucupá, e do bloco Trópico de Grelos "Batuke Galego", na mostra de nadal da escola.

 

    Fotografías da actividade.