Festival BateBatuke
O BateBatuke é un proxecto da Asociación Cultural Trópico de Grelos xurdido a mediados do 2009. É o noso festival de percusión. Na súa orixe atópanse varias necesidades que impulsaron a realización do proxecto. En primeiro lugar consideramos que era necesario crear un encontro periódico con outras asociacións e agrupacións do noso ámbito, para estreitar os lazos e realizar actividades conxuntas propiciando o crecemento mutuo. Por este motivo invitamos a participar no festival aos diferentes grupos de batucada de Galicia e doutros lugares, ademais de grupos de percusión de outros estilos, fomentando a integración. Por outra parte a Asociación considerou necesario establecer unha data na que puidésemos amosar á xente de Santiago de Compostela tódalas actividades que estamos levando a cabo, dende os obradoiros de iniciación á percusión ou a escola Prucupá, nos que pode participar calquera persoa; ata os nosos espectáculos propios, “Batuke Galego” ou “Som da Terra”, entre outros. A terceira idea orixinaria é a divulgación da percusión entre o público e fomentar a asistencia e a participación da xente nas diferentes actividades do festival. O BateBatuke é unha xornada na que Trópico de Grelos quere que todo o mundo o pase o mellor posible, aprendendo e disfrutando ao mesmo tempo. Aínda que sexa un festival de percusión, tamén incluímos actividades relacionadas co mundo do circo, porque pensamos que completan e aportan variedade á xornada. |
| Video da actividade. |
| Fotografías da actividade. |


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




