A escola de percusión afro-brasileira Prucupá, estable en Santiago de Compostela dende o ano 2008, brinda a posibilidade de ser realizada fora do noso local habitual, de xeito que calquera escola ou institución de calquera tipo pode contratala por un período continuado e variable de tempo. A diferencia dos Obradoiros de Iniciación á Percusión, a escola Prucupá Móbil, ofrece unha liña de contidos que se vai desenvolvendo nas diferentes sesións. Os tres grandes bloques temáticos nos que van a traballar os alumnos son a lectura e percepción rítmica, a técnica nos diferentes instrumentos (baquetas, mans, etc..) e o Combo ou clase práctica. A loxística e os instrumentos corren da nosa conta, facendo que sea viable organizar a escola Prucupá Móbil para un número que pode estar preto das trinta persoas, das idades que sexan. Ao contrario que os Obradoiros, a escola móbil, precisa dunha inscrición previa de alumnas e alumnos, e dunha continuidade da asistencia destas persoas, mentres dure o período lectivo. |
| Video da actividade. |
| En breve .. |
| Fotografías da actividade. |


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




