EspañolGalego

Obradoiros de Iniciación á Percusión

Obradoiros - Trópico de Grelos

A ferramenta óptima para dinamizar calquera evento. Os mestres de Trópico de Grelos conseguen, nun breve espazo de tempo, poñer a tocar de maneira conxunta a persoas de calquera idade e procedencia, no lugar que sexa, sacando aos percusionistas que levan dentro.

Os Obradoiros de Iniciación á Percusión, teñen como obxectivo principal achegar a un público sen coñecementos previos e de moi diferentes idades, unhas nocións básicas de percusión que serán desenvolvidas despois mediante a construción dun ritmo.

A idea é que en poucos minutos o grupo de persoas asistentes ao obradoiro de percusión, teña claro o que ten que facer individualmente para así comezar a construír a peza musical en conxunto, potenciando deste xeito a diversión e a sensación de estar facendo algo grande entre todos.

 

    Video da actividade.

 

    Fotografías da actividade.