EspañolGalego

master clases (cursos monográficos e talleres especializados)

Master Clases - Trópico de Grelos

A asociación cultural Trópico de Grelos, ofrece a posibilidade de organizar cursos profesionais de diferentes ramas da percusión ou doutras áreas da música, en formato de cursos monográficos, que poden ser impartidos tanto polos nosos propios mestres como por outros cos que nós temos contacto. Unicamente hai que poñerse en contacto coa nosa Asociación, e nós nos encargamos do resto da xestión.

Dende a fundación da nosa escola celebráronse varios, en diferentes locais da nosa cidade, como Casa das Crechas, ou a Gentalha do Pichel, traendo a grandes mestres nos seus ámbitos como Celia Mur ou Ramiro Gonzalo, entre moitos outros.

Algúns dos Obradoiros especializados que Trópico de Grelos e Prucupá teñen organizado dende o 2009 son "Obradoiro de Maracatú", con Ramiro Gonzalo; "Taller vocal de Jazz" con Celia Mur; "Obradoiro de Berimbau" co Mestre Boca do Rio; ou o "Workshop Sobre as Funcións da Batería no Jazz", de Juanma Barroso.

 

    Video da actividade.

 

    Fotografías da actividade.