Concertos Didácticos de Trópico de Grelos.
Os Concertos Didácticos están estruturados en tres partes. Unha primeira mostra musical, na que participan tódolos integrantes de Trópico de Grelos, encárgase de abrir a xornada, con dúas finalidades perfectamente definidas. En primeiro lugar atraer á xente coa forza de convocatoria propia da percusión e, por outra banda, transmitirlle aos futuros participantes, as primeiras e máis básicas nocións do que despois eles mesmos van facer. En segundo lugar chega a parte didáctica da actividade, invitando á xente do público a tocar con nós, sobre un ritmo que xa estará funcionando por si mesmo. Ao mesmo tempo, a persoa encargada da dirección integrará certos contidos relacionados coa historia e contexto do ritmo a interpretar. Por último, a actividade rematará cun concerto que será o punto culminante desta actividade de máis de dúas horas de duración. |
| Video do espectáculo. |
| En breve .. |
| Fotografías do espectáculo. |
| En breve .. |


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)
Como unha das novidades desta tempada, Trópico de Grelos ideou un formato no que se combinan a esencia dos espectáculos de rúa coa dos Obradoiros, xurdindo este proxecto integral que pretende deixar a súa pegada nas xentes, implicando nunha maior medida ás persoas participantes.



