EspañolGalego

Presentación da Asociación

logo_asoc_art

Somos unha asociación cultural, formada por mozos e mozas de Santiago de Compostela, cunha inquedanza común: a percusión.

Os nosos principais obxectivos son o estudio da percusión na música tradicional das diferentes rexións do planeta e a súa difusión mediante mostras, concertos, obradoiros e calquera tipo de canle que se poida utilizar para este fin. Do mesmo xeito e moi vencellado ao obxectivo anterior, facemos fincapé no estudio xeral das Culturas do Mundo para comprender a esencia das creacións musicais e a mentalidade dos seus creadores.

O noso obxecto de estudio é a percusión das diferentes partes do mundo, mais a nosa mirada agora mesmo está dirixida a Brasil por razóns que están moi vinculadas á propia experiencia de vida e estudios persoais dos nosos directores musicais, así como dos gustos dos demais integrantes de Trópico de Grelos. O Samba, o Samba Reggae, a Bossa Nova ou o Candomblé brasileiros son algúns dos estilos ou manifestacións musicais nos que se basean agora mesmo os nosos proxectos.

Na actualidade Trópico de Grelos está desenvolvendo actividades de diversa natureza, no ámbito da percusión en Santiago de Compostela. Na presente Web poderanse apreciar todos estes proxectos e a nosa vontade de realizalos aglutinando cada vez a un número maior de persoas, motivo polo cal naceron a nosa Escola de Percusión Prucupá e o noso festival Bate Batuke, que se van consolidando ano tras ano.