A Caixa De Tambora. Percusión africana
A Caixa de Tambora, grupo de percusión africana, xurdiu no ano 2008 da inquietude dun grupo de mozos e mozas polo estudio das percusións mandingas, do centro-oeste de África. Pouco a pouco foise consolidando un repertorio composto por percusión e cantos mandingas (etnia africana), cunha gran riqueza rítmica que lle da ao espectáculo unha gran forza. Os instrumentos que utilizan os compoñentes de A Caixa de Tambora son os tradicionais instrumentos da percusión mandinga: o djembé ou o dundun, entre outros, todos eles de procedencia africana. A posibilidade de tocar con estes djembés e dundúns sobre soportes ou colgados con talabartes aporta unha grande versatilidade ao show, que pode ser realizado en escenario ou na rua, entre a xente. Ritmos sobradamente coñecidos da percusión africana, divulgados no continente europeo por grandes músicos como Mamady Keyta ou Famoudou Konate, entre outros, conforman o repertorio de A Caixa de Tambora. Durante aproximadamente 1h,30min. poderanse escoitar ritmos como o Kadan, o Yankady ou o Sofa, entre moitos outros. |
| Video do espectáculo. |
| En breve .. |
| Fotografías do espectáculo. |


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




