O noso Bloco de percusión encargouse de abrir as actuacións do Festival dos Abrazos 2010, celebrado na cidade de Santiago de Compostela ao longo do mes de agosto.
O concerto consistiu nun pasarrúas, a ritmo de Samba, polo casco vello da cidade, dende a praza do Toural ata o Parque de Bonaval, a onde levamos á xente para que asistise aos posteriores espectáculos que alí se celebraban.
A cidade de Santiago de Compostela, sentiu durante un bo rato a forza da percusión retumbando polas súas rúas de pedra.
Sambaaaaaa!!!
Trópico de Grelos from Festival dos Abrazos on Vimeo.


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




