Neste vídeo podemos ver unha parte do espectáculo Trópico no Palco, na primeira edición da Festa do Trópico, o 29 de abril de 2010, na Sala Nasa de Santiago de Compostela.
A ritmo de Samba e con temas como "É hoje" ou "Ven de longe o peregrino", arrancou este show que trouxo por unhas horas toda a esencia do Brasil á Cidade de Compostela.
Ainda que a formación ou esquema dos músicos foi cambiando ao longo do show, nesta primeira parte que vemos no vídeo, atopamos a Serxio Tannus ao cavaquinho, Narci Rodríguez á voz, e Alenya Espiñeira e Santi Frutos aos coros. A percusión, como non, correu a cargo da Batería de percusión de Trópico de grelos, baixo a dirección de Lucas Fixel.


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




