Continuamos subindo ás novas seccións multimedia da web todo o material que tiñamos desperdigado polos nosos canais para, deste xeito, conseguir unha base de datos audiovisual potente.
Neste caso trátase dun vídeo no que aparece o noso bloco co show "Batuke Galego", tocando samba, no medio dunha gran festa de Entroido, na cidade de Ourense. O vídeo é do Entroido pasado, do ano 2010, no que estivemos uns cantos días pola cidade aurea, con diferentes espectáculos, como Zum-bom, o batuque anteriormente mencionado e os obradoiros de percusión, na Praza Maior.
Unha festa incrible!!


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




