EspañolGalego

A Festa do Trópico - Candomblé

A primeira parte do show da Festa do Trópico na Sala Nasa o día 29 de abril de 2010. A Festa do Trópico foi unha iniciativa da asociación, levada a cabo na sala Nasa de Santiago de Compostela na que Trópico de Grelos amosou diferentes espectáculos coa estrea dun deles.

O video é unha pequena mostra da apertura do show, co espectáculo de Candomblé. Este tipo de música é propia dos chamado terreiros, e forma parte dos rituais relixiosos tradicionais de parte da poboación afro de Brasil.

O ritmo que podemos escoitar é o congo, interpretado co ensemble tradicional do terreiro: agogô e os tres atabaques, o Le, o Rumpi, e o Rum, e acompañado das danzas que son propias dese ritmo e do orixá co que está vinculado.

No video podemos ver a Milena Mariz, invitada especial na Festa do Trópico, danzando ao ritmo da percusión; e aos catro músicos: (de dereita a esquerda) Narci Rodriguez, Lucas Fixel, Xurxo Troncoso e Andrés Rivero. As proxeccións estiveron dirixidas por Joel Bucio.

 

Volver a Vídeos