O espectáculo Mama Semba tiña como protagonistas, como podedes ver no vídeo, tres grandes títeres que danzaban ao ritmo da música, acompañando aos percusionistas nos seus pasarrúas. No ensemble tamén aparecía outra referencia ao mundo das marionetas, na estructura que transportaba aos surdos que representaba un escenario co seu telón. Os tres títeres tiñan os seus caracteres ben definidos, sendo un deles a representación do lume, outro a da auga, en constante luita, e o terceiro e maior Mama Semba, a Nai Terra, que conciliaba ás outras duas coa sua forza e sabiduría.
O ritmo que podemos escoitar é unha variante de Afoxé, parte do antigo repertorio de Trópico de Grelos. O afoxé é un ritmo afrobrasileiro baseado no ijexá, mais adaptado para os instrumentos de batucada, que foi levado á rua polo bloco de Salvador de Bahia Filhos de Gandhy, nos anos corenta do século XX.


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




