EspañolGalego

A festa do Trópico, Sala Nasa.

O día 29 de abril de 2010, a nosa asociación realizou unha Festa na Sala Nasa, a "Festa do Trópico", na que se amosaron diferentes espectáculos ao longo dunha velada máxica. Nela, a percusión, a festa e a ledicia, foron os principais protagonistas.

Un total de sesenta músicos e músicas, artistas de circo e unha bailarina, pasaron polo escenario, nesta festa que aínda segue presente nos nosos corazóns. O Coro Da Rá, Uxía Senlle, O Mestre de Capoeira Boca do Rio, Serxio Tannus, Antón Bello ou Olivier Cano foron algúns destes artistas, que, xunto con tropiqueiros e tropiqueiras fixeron posible que isto puidese acontecer.

Nas fotos poderedes ver o cálido ambiente que se formou ese día tanto no palco,  como entre o público, no que se atopaban moit@s d@s nos@s amig@s.

Esperamos que vos gusten!!

Fotografías de Joel Bucio