EspañolGalego

Percusíon no Toural

Outra Galería de fotos que atopamos mentres rebuscábamos nos esquecidos caixóns dos recordos de Trópico de Grelos.

O evento é unha actuación do noso bloco de percusión na Praza do Toural (Compostela) en setembro de 2008, con motivo da apertura do primeiro curso da nosa Escola Prucupá. Esta foi unha actuación importante para nós porque supuxo un cambio a moitos níveis, marcou o punto de inflexión de duas etapas tropiqueiras..

De feito foi o último concerto de algúns e algunhas vell@s tropiqueir@s, máis tamén o primeiro de outr@s, alén de que houbo xente que únicamente participou co noso bloco de percusión nesta actuación...moitas gracias a tod@s!!!!