Unhas fotos dunha tarde calquera na nosa escola de percusión en Santiago. Como vedes, cada vez somos máis e con máis ganas de tocar e de aprender tódolos ritmos da percusión afro-brasileira que a Prucupá pode ofrecer.
Nas fotos podemos ver os dous módulos da escola, nos que estamos a facer Samba (II) e ritmos afro de Salvador de Bahia(I). Tódolos xoves, de aquí a xuño continuaremos coas aulas e coas ganas de seguir tocando batuque a todas horas.
Estade atentos porque nos vindeiros anos comezarán a xurdir por Galicia, España e polo mundo adiante, unha morea de músicos percusionistas, procedentes da escola de percusión de Trópico de Grelos!! (nestas fotos os poderedes atopar).


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




