EspañolGalego

O Batuke Galego de Trópico de Grelos

slide-estrea-tropico 

Ritmos afrobahianos...

Cancións de aquí e de máis alén do mar...

A enerxía do bloco de batuque...

 

Trópico de Grelos presenta o novo "Batuke Galego", un espectáculo no que se combinan as frecuencias dos instrumentos de percusión dos nosos blocos coa liña melódica da voz e a potencia e calidez dos coros de batuqueiras e batuqueiros.

 

O Batuke Galego de Trópico de Grelos é un espectáculo feito para a rúa, para tocar entre as persoas do público, lonxe das barreiras que supón un escenario, contaxiando a ledicia e o ritmo entre todo o público.

 

Todo isto, xunto co carácter itinerante do bloco, que nos permite movernos de praza en praza, e a presencia de máis de unha decena de percusionistas aos que se suma o cantante, fai do noso Batuke Galego un espectáculo poucas veces visto na nosa terra.

 

Máis info ..