O Macrobloco de Trópico de Grelos
A consolidación da nosa Escola de Percusión afrobrasileira "Prucupá", fixo posible un dos nosos soños: formar un bloco de percusión de maiores dimensións que os que habitualmente interpretan os nosos espectáculos. Naceu así este proxecto co que é posible chegar a cotas de son e espectacularidade moito máis altas das alcanzables cos blocos máis pequenos.
O noso "macrobloco" consegue, aproveitando o maior número de músicos, chegar moito mellor ao equilibrio entre os diferentes rexistros sonoros, alén de que o show, xa de por si gaña en potencia e espectacularidade.


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




