A partir dos anos 70 a música baiana tomou un rumbo definitivo na súa identidade percusiva. O nacemento do “Ilê Aiyê” ,a reivindicación, os problemas e a historia do Mundo Negro foron os ingredientes necesarios para as novas estruturas rítmicas que acabarían por crear todo un movemento e una identidade particular de concibir a percusión.Neste obradoiro traballaremos o samba duro como motivo principal. Falaremos do contexto socio-cultural onde naceu, escoitaremos os principais blocos, as antigas levadas e toques primitivos.
En canto a traballo práctico desenvolveremos a forma de tocar o samba duro do bloco OLODUM nos instrumentos de bloco afro: timbau, repique, caixa, surdo.
Obradoiro de Samba Duro con Narci Rodríguez
Sábado, día 2 de abril de 2011, na Casa do Patín, Santiago de Compostela.
Horarios. de 17 a 20h
Prezo: 10€, agás alumnos de Prucupá e tropiqueir@s
Organizan Trópico de Grelos e Escola Prucupá.
Prazas limitadas
+ Info no tlf 615 914 161


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




