EspañolGalego

Actuacións de Trópico no Entroido 2011

Xa temos o programa provisional das nosas actuacións no Entroido 2011. Polo de agora pasarémonos os seis días do Entroido na cidade de Ourense, lugar ao que adoitamos levar os nosos espectáculos e actividades dende fai anos.

Volven os Obradoiros de Iniciación á Percusión á Praza Maior de Ourense. De sábado a martes de Entroido, ás 13h, estaremos achegando a percusión ás xentes con todo o noso despregue de instrumentos de batucada.

Tamén haberá actuacións de diferente natureza, pois estaremos alí coa "Batería de Samba" (sábado noite, martes tarde), co "Bloco Afro" (venres noite), co "Macrobloco" (desfile do domingo pola tarde e luns pola noite) e con Zum-Bom o mércores pola tarde no Enterro da Sardiña. Na axenda web estarán especificados os horarios e lugares en breve.

Estamos ansiosos de volver a ver a todos os nosos amigos e amigas da cidade de Ourense e de alegrar a base de ritmo as rúas do casco vello da Cidade Áurea.

Agardamos vervos a todas e todos alí!!