Co cambio de ano veñen outros cambios e novidades...a primeira delas é o cambio para o novo local, A Casa do Patín, un lugar mítico de Santiago de Compostela no que imos a integrar as nosas actividades.
Este novo sitio, permitiranos facer moitas cousas que antes non podíamos, por non dispoñer dun local adecuado. Xa vos iremos informando...
Queremos facer unha inauguración o xoves durante e tralo ensaio, así que agardamos a vosa asistencia a partir das 20:00, para pasar un bo rato xuntos, mentres bebemos unhas cervexas (convidamos nós).
Por outra banda, contamos con máis novidades, xa que hoxe rematamos a posta a punto da web para a nova tempada, coas actividades e espectáculos actualizados e a punto, como poderedes ver na Web...
E outra noticia, máis interesante para nos@s amigos e amigas de fora de Galicia, xa contamos coa traducción da páxina web, que, como poderedes observar, está dispoñible nos dous idiomas, galego e castelán!!!
E xa sabedes, ainda estades a tempo de apuntarvos na Escola Prucupá, que continúa nos seus horarios habituáis (consultade na axenda da web).
Agardámosvos o xoves, día 13 de xaneiro, no Patín!!!


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




