Cada ano, por estas datas, Prucupá, a Escola de Percusión Afrobrasileira de Santiago de Compostela, organiza unha mostra na que os seus alumnos e alumnas poñen en práctica todo o aprendido ata a momento nas aulas de percusión. Evidentemente este ano non podía ser menos..ao contrario..no curso 2010-2011, prucupeiras e prucupeiros veñen máis fortes que nunca, e o día 16 de decembro a partir das sete da tarde, amosaránnos todo o que saben.
En primeiro lugar actuarán os compoñentes do grupo I, cun repertorio de reggae afrobahiano. Posteriormente será o alumnado do módulo II o que nos fará vibrar cun Samba destinado a quitarlle o frío aos asistentes..E, por último, o bloco de percusión de Trópico de Grelos, entre o que se atopan moit@s prucupeir@s, tamén fará acto de presencia amosando as novidades do seu repertorio.
Agardamos vervos por alí!!!



Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




