EspañolGalego

Presentación da Prucupá 2010 no Toural

O mércores, día 22 de setembro, ás 19:00 no Toural faremos a presentación do III ano da Escola Prucupá, nun evento no que haberá un concerto a cargo do noso bloco de batucada Trópico de Grelos "Batuke Galego" e un Obradoiro de percusión no que todo o mundo poderá participar.

Animádevos a pasar unha tarde divertida con Trópico e @s tropiqueir@s, na que haberá información do funcionamento dos diferentes módulos da escola e moita, moitíiisima percusión!!!!

Horario e lugar: de 19:00 a 21:00, praza do Toural, Santiago de compostela