Este luns día 9 de agosto Trópico de Grelos abrirá as actuacións do Festival dos Abrazos na súa edición de 2010 cun desfile polas diferentes rúas e prazas do casco histórico de Santiago de Compostela. O "Batuke Galego" de Trópico levará o ritmo e alegría ás rúas compostelás dando o pistoletazo de salida deste festival que se celebrará na cidade entre os días 9 e 29 de agosto.
tropiqueiros e tropiqueiras poremos toda a nosa enerxía nesta actuación, a ritmo de samba, xa que sempre é grato para nós actuar na nosa cidade, entre a nosa xente.
O Festival Dos Abrazos é un festival que organiza o Concello compostelán dende fai tres anos con diferentes localizacións en prazas e parques emblemáticos de Compostela, traendo actuacións de diferentes disciplinas artísticas: música, circo, etc.
Máis info do Festival dos Abrazos


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




