EspañolGalego

festivaleando!!!

Trópico de Grelos estará este sábado día 7 de agosto nos festivais Castelo Rock de Muros e na Festa dos Botes de Arzúa . Vámonos co noso "Batuke Galego" a darlle caña aos tambores para poñer a vibrar a todo o persoal!!!

No Castelo Rock de Muros estaremos na tarde-noite cun primeiro Obradoiro de Iniciación á Percusión ás 19:30 no que poderá participar quen queira que estea interesado ou teña curiosidade por saber o que se sente tocando no medio dun grupo tan grande de percusionistas. A continuación, sobre as 20:30, faremos a nosa actuación de batuque na praia do castelo, abrindo o festival de rock no que compartimos cartel con grupos como Dakidarria ou Ilegales, entre outros.

Ao rematar a actuación batuqueira, marcharemos directamente a outro festival: a Festa dos Botes de Arzúa, donde sobre a 01 da madrugada volveremos a actuar co noso bloco de batuque, entre grupos da talla de Def Con Dos ou Miguel Costas, co que xa compartimos cartel o sábado pasado na Batucada de Verín..

Seguide con nos a ruta festivaleira!!!!

Máis info do Castelo Rock 2010

Máis info da Festa dos Botes 2010, en Facebook