Esta semana Trópico de Grelos estará tocando en León, na localidade de Balboa, moi preto da fronteira con Galicia. A actuación será hoxe, na noite de San Xoan, co seu bloco Zum-bom, sobre as 11 da noite. Dende Trópico de Grelos convidámosvos a vir a esta festa máxica na que haberá diferentes concertos e moita alegría!!
A partir do venres trasladarémosnos a Ourense, para amenizar o último fin de semá das festas do corpus, con varias actuacións polo centro da cidade cos nosos blocos Trópico de Grelos "batuke galego" e Zum-bom. As actuacións serán o venres ás 12 da noite; o sábado as oito da tarde no desfile da Bataia das flores, percorrendo toda a cidade; o sábado volveremos a estar montando a festa a partir das doce da noite; e o domingo acabaremos o noso periplo ourensán cunha actuación no serán do noso bloco Zum-Bom!!
Vemonos de novo na cidade do ouro!!!


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)




