EspañolGalego

Agradecementos polo BateBatuke

Rematou o BateBatuke 2010!

Dende a Asociación Cultural Trópico de Grelos queremos agradecer a todo o mundo por facer posible esta festa tan máxica que foi o BateBatuke 2010. O agradecemento é xeral, dende o propio meteo, que nos permitiu disfrutar de toda unha xornada sen unha gota de auga, ata todalas persoas que participaron, dunha forma ou doutra. Gracias a tódolos membros e membras dos grupos, que participaron de maneira altruista no festival (gracias dobles a Roi "Aperta" polo concerto e obradoiro de djembé, que estivo xenial)..; gracias a el3tragos polo tute que se mandou coas comidas e por participar con nos neste evento; gracias a tropiqueiros e tropiqueiras, prucupeiras e prucupeiros, ás empresas patrocinadoras e, como non, a tódalas persoas que coa vosa asistencia fixestedes posible que isto acontecera!!!!