EspañolGalego

Estrea do novo Batuke Galego no Entroido de Ourense 2012

estrea-logotipo-batuke_galego

Este Entroido 2012 estamos de estrea!!!!

O Venres 17 de febreiro, sobre as 23:30h estaremos presentando o noso novo Batuke Galego polas ruas e prazas do centro histórico de Ourense!!!

Sonarán os ritmos afrobahianos e tamén as cantigas e o coro de Batuqueir@s!!

Máis información do novo Batuke Galego!!

 

Novo logo para o Macrobloco de Trópico!!

LOGOO noso maior bloco de percusión xa ten imaxe! O logotipo que podedes ver aquí é a nova imaxe de Trópico de Grelos...concretamente do seu proxecto Macrobloco, grupo de percusión e animación de rúa, composto por dezaoito músicos, que interpreta ritmos afro-brasileiros típicos de Rio de Janeiro e de Salvador de Bahía. Próximamente o veredes na rúa!!
   

Cambio de día de ensaio!

Co BateBatuke remataron as aulas da Escola Prucupá que funcionou por terceiro ano consecutivo entre os meses de outubro e xuño! Esta é a primeira novidade nos horarios das nosas actividades semanais. Por outra banda cambiarase o horario dos ensaios do xoves ao mércores ás 20:00. Dos combos ou ensaios extra xa iremos informando no caso de que se fagan!

Vémonoooooooooooooos tropiqueir@s!!!

   

Obradoiro de Samba Duro con Narci Rodríguez

cartelsambaduroA partir dos anos 70 a música baiana tomou un rumbo definitivo na súa identidade percusiva. O nacemento do “Ilê Aiyê” ,a reivindicación, os problemas e a historia do Mundo Negro foron os ingredientes necesarios para as novas estruturas rítmicas que acabarían por crear todo un movemento e una identidade particular de concibir a percusión.
Neste obradoiro traballaremos o samba duro como motivo principal. Falaremos do contexto socio-cultural onde naceu, escoitaremos os principais blocos, as antigas levadas e toques primitivos.
En canto a traballo práctico desenvolveremos a forma de tocar o samba duro do bloco OLODUM nos instrumentos de bloco afro: timbau, repique, caixa, surdo.

Obradoiro de Samba Duro con Narci Rodríguez
Sábado, día 2 de abril de 2011, na Casa do Patín, Santiago de Compostela.
Horarios. de 17 a 20h
Prezo: 10€, agás alumnos de Prucupá e tropiqueir@s
Organizan Trópico de Grelos e Escola Prucupá.
Prazas limitadas
+ Info no tlf 615 914 161

   

Aulas de Samba e "timbau" na escola Prucupá

Este xoves día 17 de marzo cambiarán os mestres que dan as aulas na Prucupá. Deixaremos de facer Candomblé con Xurxo no módulo I das catro da tarde, para comezar a dar aulas de Samba con Lucas..nestas aulas practicaremos técnicas dos instrumentos típicos dos "ensembles" de "Blocos" e Escolas de Samba de Rio de Janeiro como o "tamborim", "chocalho", caixa, "repique", etc.

No segundo grupo (o das 18:00), deixaremos de facer percusión afro-bahiana con Narci para comezar a estudar con Xurxo técnica de man aplicada ao "timbau". Neste grupo aprenderemos patróns e fraseos típicos deste instrumento relativamente xove.

Os horarios serán os mesmos de sempre (xoves ás catro da tarde o módulo I e xoves ás seis da tarde o módulo II) na Casa do Patín, Santiago de Compostela.

A inscrición segue aberta!!

   

Páxina 1 de 4