EspañolGalego

BateBatuke 2013

 

Roda de Capoeira

camugereConfirmado o evento de Capoeira para o BateBatuke!! Contaremos coa presencia do Contramestre Camugeré do grupo Gicap e do grupo Iandé Capoeira a cargo do Graduado Tiba.

Sen dúbida este será o complemento perfecto para amenizar unha xornada de percusión afrobrasileira.

   

O Mago Charlangas

Mago_Charlangas_DetectiveAlén da maxia natural do BateBatuke, este ano engadiremos unha pouca máis da man do Mago Charlangas que nos visitará dende A Coruña!!

O Mago Charlangas convídanos a viaxar a través do tempo co seu espectácuo @temporal, onde a maxia e o teatro mestúranse creando unha historia na que navegaremos pola nosa imaxinación.

Un número de ilusionismo co que dsfrutaremos de xogos con cartas, bolas, moedas, billetes e máis sorpresas que nos farán pasar un rato divertido e cheo de maxia.

 

Bloquinho Aperta

bloquinho_apertaOs incondicionáis do BateBatuke. Estiveron en tódalas edicións anteriores e algúns e algunhas del@s teñen máis BateBatukes nas súas costas que moit@s tropiqueir@s!! Dende Vigo...O Bloquinho Aperta!!

A Asociación de PERcusionistas e TAmborileir@s(A.PER.TA) nace no ano 2004 en Vigo co fin de apoiar e promocionar a música en xeral e a percusión en particular nun entorno social,procurando favorecer e desenvolver a inclusión social dun xeito lúdico e participativologo_aperta.

Nacen varias agrupacións no seo da asoc.ao longo dos anos.

O Bloquinho da Salgueira,hoxe en día chamado Bloquinho Aperta é unha das máis destacadas,por idade,experiencia e popularidade:ao longo dos anos sufriu diversas trocas de formación,e tendencias musicais.Esta formación leva ás súas costas infinidade de actuación en festas,festivais,concertos....ao ancho e longo da xeografía galega,incluso fora dela.

Hoxe en día a formación basease na práctica de ritmos afrobahianos tentando ofrecer un espectáculo musical e visual adecuado a cada actuación e ámbito.

 

Perfusión

IMG_6030Outros amigos que nos acompañarán neste BateBatuke 2013. Dende a vila de Arteixo chega o grupo de percusións africanas Perfusión.

Perfusión nace dentro do colectivo A CASA DA LEITEIRA en Xullo do 2011, agrupando as inquedanzas de varios músicos que buscan as raíces do ritmo na cultura Mandinga, que aflora fai séculos do Occidente Africano. Músicos que emprenden unha viaxe á cultura do ritmo de Nai África, e como bos emigrantes levan consigo un Gaiteiro. O espectáculo de Perfusión é un espectáculo basado na percusión africana: os graves dos djun djun, os tons agudos dos djembés comezan espidos nos puros ritmos africanosa_casa_da_leiteira_casa_y_letras.

Os cantos tradicionais asoman entre os ritmos, e pouco a pouco intégranse a frauta traveseira e a gaita, por veces entonando melodías da tradición africana e por veces aportando unha melodía galega dando un toque de fusión entre dúas tradicións.

A súa actuación terá diferentes colaboracións e moitas sorpresas!!

 

A Patxaranga

la_patxaranga2Outro dos grupos confirmados para esta conmemoración dos dez anos de historia de Trópico de Grelos, o BateBatuke 2013 é A Patxaranga. Est@s musicazos e amig@s de A Coruña estarán encargados de facernos vibrar co seu ben movido repertorio.

A Patxaranga é un proxecto paralelo da banda Chotokoeu que nace para poder actuar en salas pequenas e na rúa sen ter a necesidade dos medios técnicos e o espacio que requere o espectáculo de Chotokoeu.

O repertorio consiste en dous pases de 40 minutos que inclúen rumba, reggae, swing, e klezmer acompañados de malabares e actuacións durante todo o espectáculo.

Con un equipo de 400w, unha mesa de 7 canais portátil e microfonía propia a banda é autosuficiente e pode sonar tanto en bares como na rúa sen necesidade de material técnico adicional.

 

Gurús

gurusOutro dos Grupos confirmados para este BateBatuke 2013: a batucada Gurús!!

Gurús é unha asociación cultural de Aranda de Duero para a formación e aprendizaxe de ritmos e percusión brasileira.

Dende fai xa seis anos un grupo de xóvenes arandinos motivados pola pasión hacia a música afrobrasileira decidiron crear a asociación sociocultural Gurús.logo_gurs

Dende a asociación sociocultural Gurús queren sensibilizar ao espectador que detrás dunha gran batukada existe un constante e continuo traballo de ensaio, un gran número de persoas, instrumentos e atrezzos, todo un gran esforzo para que a xente que nos ve dende fora poida disfrutar dun ESPECTÁCULO DE CALIDADE, cheo de música, baile, cor e movemento para asegurar a diversión do público e conseguir que os espectadores disfruten ao máximo.

 

Escola Prucupá, módulos I e II

Logo Prucupá Un concerto tradicional no BateBatuke e unha das razóns da existencia do propio festival é a mostra do aprendido polos alumnos da nosa escola de percusión afrobrasileira Prucupá durante todo o curso.prucupa_toural_2013

Non pode faltar a posta en escena de prucupeiras e prucupeiros nun festival feito por e para el@s. Este ano haberá moitas sorpresas no seu repertorio, converténdose nun dos pratos fortes do festival. Con sobradamente coñecidas pezas de Olodum ou Ilê Aiyê os nosos estudiantes conseguirán facer danzar aos asistentes como xa fixeron nalgunha ocasión.

Os módulos I e II da Prucupá 2013 presentarán as súas actuacións ás primeiras hora da tarde para deixar paso a tódolos grupos ou persoas convidad@s ao festival, e que vos iremos presentando na nosa web e nas nosas redes sociais nos vindeiros días.

Forza Prucupeir@s!!!!

 

Taller impartido por Mario Pam de Ilê Aiyê

foto_mario_pam

A primeira das novidades para este BateBatuke 2013 é a participación de Mario Pam, de Ilê Aiyê, que fará unha paradiña en Galicia, no seo da súa xira por Europa para impartir o taller de percusión afrobrasileira que abrirá o noso festival durante a mañá e primeiros momentos da tarde do sábado 1 de xuño.

O mesmo Mario Pam será o encargado de dirixir o pasarrúas do macrobloco no que participarán tódolos asistentes ao obradoiro. O domingo 2 de xuño, a partir das 13:00h tremerán tódalas pedras de Compostela ao paso deste desfile que circulará entre a Alameda e a Praza da Quintana.

O taller terá unha duración de 5h (máis o que dure o pasarrúas) e un custe de 20€, no que tamén están incluídas a durmida no local de Trópico e unha camisola do festival con deseño exclusivo de Caramuxo.

As prazas para o taller terán que ser reservadas de xeito anticipado polo tema das tallas das camisolas.

Mario Pam

Brasileiro, nacido en Salvador de Bahía, nome artístico MARIO PAM, iniciou súas actividades artísticas no bloco Ilê Aiyê en 1992 como alumno fundador do curso de percusión da Escola Band’Erê (banda de rapaces), En 2000 convertiuse nun dos directores, desde entón participa en eventos culturais nacionais e internacionais do Ilê Aiyê. Alén das actividades culturais, imparte aulas de percusión en universidades e escolas de música para diversos grupos de Europa e Estados Unidos, participou no grupo de instructores da Escola Banda Erê, ensinando percusión para nenas, nenos e adolescentes, foi alumno do "curso de extensão em Percussão" da EMUS – Escola de Música da UFBA.

A percusión do Ilê diferénciase da dos demáis grupos, especialmente no Brasil, pois está basada en ritmos do terreiro de candomblé e samba, salsa, reggae, maracatú, rumba, guaguancó, funk, raggamuffin entre outros.

Para a execución das adaptacións dos ritmos de candomblé utilizan instrumentos como: repique, dimbhê, marcação, timbau, alogogogô, kowbel, taró, etc.

Mario Pam desenvolve a rexencia da Band’Aiyê a través de ensaios en estudio, onde son elaborados os arranxos percusivos das pezas musicais do Ilê e outras. Alén diso, axuda a comandar 150 percusionistas da banda que desfila no Carnaval de Salvador. Participou con Timbalada en espectáculos no Carnaval e Lavagem do Bonfim 98/99. Actualmente participa na banda do cantante e productor musical Arto Lindsay con quen realiza espectáculos e gravacións en diversas partes do mundo. Actúa como percusionista nas corais das empresas Petrobrás, Gerdal, Infraero e Sebrae.

Como percusionista e arranxador musical, participou nas gravacións dos CDs: do Ilê Aiyê - Canto Negro III e IV, do Teatro Villa Velha, da Igreja Rosário dos Pretos, da Banda Mel, de Virgínia Rodrigues, de Morais Moreira, de Simone Sampaio, de 100 Anos de Tropicália (promovido por Bahiatursa), da Coral da Empresa Gerdal, do productor e músico Arto Lindsay (Invoke), da cantante Finlandesa Bjork, do Senegalês Cheikn Lô, da Cantante Laurinha, do cantante Gabriel, do cantante Martinho da Vila, do Coral da Petrobrás, da banda Yerba Buena (Cuba - EUA), do Projeto Salvador Negro Amor (Brasil).

Currículum completo de Mario Pam (só en portugués)

 

BateBatuke 2013

graficaXa está chegando o BateBatuke , V Xornada de Percusión Afro-Brasileira de Santiago de Compostela!!!

O BateBatuke é o desenlace natural do ano de traballo da nosa asociación e da nosa escola de percusión. Ata este ano tratouse dunha xornada festiva na que, dende a mañá ata a noite, desenrolamos unha serie de actividades abertas ao público de tódalas idades, dende obradoiros de percusión e danza ata concertos de diferentes agrupacións musicais e artísticas.
Este ano por motivo do seu V aniversario decidimos modificar algunhas das súas características para darlle unha maior repercusión ao festival. Asi mesmo, este ano coincide co X aniversario da Agrupación Trópico de Grelos, polo que acada para nós unha maior relevancia. O evento é gratuíto e ten o claro obxectivo de difundir as nosas actividades entre o público da cidade de Compostela e de todo o territorio galego.

Nesta V edición queremos facer un Bate Batuke diferente e máis amplo que en anos anteriores no referente a días, actividades e número de participantes.

Novamente será o antigo Colexio do Castiñeiriño o que acolla este Bate Batuke 2013.

Dentro da estructura do festival, o primeiro día contaremos cun obradoiro de percusión que será impartido por Mario Pam, director musical de Ilê Aiyê, bloco afro pioneiro en Brasi. Así mesmo ofrecerase sesión vermú, un xantar e unha cea organizados por Trópico de Grelos e seguidos de diferentes actuacións (danza, circo, capoeira, etc...) ó igual que nas pasadas edicións. Na noite dese mesmo día haberá actuacións musicais de diferentes agrupacións aínda por determinar.

O domingo 2 de xuño pola mañán realizaramos un desfile dun macrobloco de percusión. Este desfile que comenzará na Alameda e percorrerá un tramo da zona vella da cidade de Santiago de Compostela estará formado por tódalas persoas que acudiron ó obradoiro do sábado. Deste xeito á cidade de Santiago de Compostela contará cunha actividade diferente e pioneira ao tempo que levaríamos o BateBatuke ao centro da cidade para poñer en práctica o aprendido no obradoiro do sábado.

Programa

SÁBADO 1 XUÑO
- Obradoiro de percusión impartido por Mario Pam de Ilê Aiyê
- Sesión vermú a partir das 12.00h
- Xantar
- Finalización do obradoiro
- Actuacións de agrupacións musicais, circo, danza e capoeira
- Cea
- Actuacións de agrupacións musicais

DOMINGO 2 XUÑO
- Desfile do Macrobloco: Alameda - Zona vella