BateBatuke 2011
BateBatuke 2011, agradecementos!!
Rapazadaaaaaaaaa!!
Rematou a terceira edición do noso festival anual de percusión afrobrasileira e a sensación que nos queda a tod@s é de que conseguimos facer unha xornada especial, agradable, festiva e con moita, moitísima percusión!!
Tropiqueiros, tropiqueiras e a xente da Escola Prucupá agradecemos a todo o mundo que participou por vir a axudar coa súa presencia nesta data tan especial para nós!!
Especiáis agradecementos, por orde de aparición a Jano, a Pelepau, a prucupeir@s desta e das anteriores promocións, á Caixa de Tambora, a Aperta e o seu Bloquinho da Salgueira, a Pajarito, a Odaiko, aos tropiqueiros e tropiqueiras que puideron estar e tocar, aos que non puideron e a outros que tamén estaban pero non tocaron (a eles lles dedicamos as nosas actuacións), a Xituma Batuke e á xente da Central Folque que tocou na foliada nocturna...
...tamén agradecementos á Asociación de Amigos das Cousas que Apetecen por acollernos no seu local tanto coa escola, como cos ensaios e o festival, ao Chino co seu "Chirinchino", e ao resto de artesáns que montaron os seus postos para o evento...GRACIAS!!!
Programa do BateBatuke 2011
Sábado 11 de xuño.
Dende as 11 da mañá ata que o corpo aguante!!!
- A partir das 11:00: Obradoiros de percusión e sesión Vermú
- 14:00 Xantar a prezos populares amenizada pola actuación de Pelepau
- A partir das 16:30: Acuacións de tarde.
- Escola Prucupá- A Caixa de Tambora (percusión africana).
- Bloquinho da Salgueira (batucada).
- Pajarito (circo).
- Trópico de Grelos (Batucada).
- Xituma Batuke (Batucada).
- Odaiko Percussion Group (percusión).
- 22:00: Cea a prezos populares
- A partir das 00:00: Acuacións de noite.
- Bloco Afro de Trópico de grelos.- Foliada.
- Jam Session.
- Festa!.
Tamén haberá mercadiño de artesanía e moitas outras sorpresas!!!
Patrocinadores do Festival
Estas son as empresas ou entidades que están colaborando para que o BateBatuke poida realizarse como cada ano, na localidade de Santiago de Compostela:
-Asociación "Amigos das Cousas que apetecen".
-Estudio de deseño gráfico e web "rúa17"
-Pulpería "O Conxuro".
-Tenda ecolóxica "Comarca 54".
-Óptica "M&S".
-Bar "As Dúas".
-Tenda de instrumentos musicais "Estudio 54".
-Bar "Babel".
-Restaurante "Casa Felisa".
-"A Central Folque".
-Bar "Embora".
-Limpezas "Eurolimp del Noroeste".
-Fotocopias "Pelamios".
Moitas Gracias!!!!
Convocatoria de grupos para o BateBatuke 2011
Batuqueiras, batuqueiros e demais percusionistas!!
Esta semana ábrese a convocatoria de grupos para o BateBatuke 2011, terceira xornada de percusión afro-brasileira, que se celebrará o día 11 de xuño en Santiago de Compostela.
O programa constará de obradoiros pola mañá, comida, concertos no exterior pola tarde con predominio dos blocos de percusión afro-brasileira e mostra dos alumnos e alumnas da Prucupá. A continuación cearemos e disfrutaremos de concertos, festa e tocata ao longo de toda a noite.
Estaremos encantados de recibir a tódolos grupos que queiran participar no festival, que pretendemos que sexa unha xornada alegre, festiva e chea de música.
Ofrecemos aos grupos un lugar para durmir e a comida e cea do sábado. Do mesmo xeito intentaremos colaborar cos gastos de desprazamento na maior medida, aínda que o noso presuposto é limitado.
Contamos coa vosa participación!!
BateBatuke 2011
Xa estamos preparando a nova edición do BateBatuke, III xornada de percusión afro-brasileira de Santiago de Compostela.
Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, pretendemos que este novo BateBatuke 2011 se converta nunha gran festa da percusión e da música en xeral, na que aproveitaremos para estreitar lazos con outros colectivos e co público en xeral. Esperamos que moita xente veña a participar nos concertos e obradoiros, aportando o seu gran de area neste día tan especial para nós.
Neste apartado iremos publicando tódalas novidades que vaian xurdindo, a tempo real, para que esteades ao tanto das actuacións, obradoiros...e mesmo menús!!
Recordade: o sábado 11 de xuño de 2011...BateBatuke na Casa do Patín, Santiago de Compostela!!


Audio (Myspace)
Máis fotos (Flickr)
Máis vídeos (Youtube)
Temos unha sorpresa para os asistentes ao noso festival..o grupo de Vigo Pelepau tamén estará presente cunha actuación a iso das 14h.



