Ourense, Ribadavia, Barbadás, Padrón…
A percusión invadirá as rúas neste Entroido 2018!!
Ven sendo tradición para o Bloco Afro actuar nas emblemáticas prazas e rúas do casco antigo de Ourense.
Seremos, xunto con outros grupos, as encargadas de poñer a música e o espectáculo na capital do entroido. Levamos todo o inverno ensaiando duramente para datas tan festexadas coma estas.
Estaremos na cidade Auriense ó longo de catro días:
- 8 Xoves – 23 h
- 9 Venres – 21 h
- 10 Sábado – 00 h
- 12 Luns – 00 h
Achegarémonos a outras vilas como Ribadavia, por terceiro ano consecutivo, onde formaremos parte da comitiva do entroido que desfilará polas rúas da vila o domingo 11 ás 17.00 hs.
O martes 13 teremos a boa sorte de achegarnos a Barbadás, levando os tambores directamente dende Ourense logo de catro días de actuacións. Chegaremos coas pilas ben cargadas para actuar a partir das 17 hs.
E para rematar, desprazaremonos ata Padrón o Sábado 17 onde pecharemos, ás 17h, este antroido que nos renova a enerxía un ano máis alentándonos cara o seguinte febreiro.
Enchamos as rúas de ritmo noutro Entroido Tropical!