Entroido 2017

Presentámosvos o cartaz coas datas das actuacións de entroido deste ano.

Ven sendo tradición que o noso punto principal de actuacións se sitúe nas emblemáticas prazas e rúas do casco antigo de Ourense. Seremos, xunto con outros grupos, as encargadas de poñer a música e o espectáculo nesta cidade, capital do entroido, en datas tan festexadas coma estas. Alí estaremos durante catro días que serán xoves 23 (23.00 hs.), venres 24 (21.00 hs.), sábado 25 (00.00 hs.) e luns 27 (00.00 hs.).

Ademais de Ourense achegarémonos a outras vilas como Ribadavia, por segundo ano consecutivo, onde formaremos parte da comitiva do entroido que desfilará polas rúas da vila o domingo 26 ás 17.00 hs.

O martes 28 é o turno de Mugardos a onde chegaremos directamente dende Ourense despois de cinco días de actuacións pero coas pilas ben cargadas para actuar a partir das 17 hs.

E para rematar, desprazaremonos ata Padrón onde festexaremos por todo o alto o último día, enchéndonos ben de enerxía para aguantar un ano agardando polo seguinte entroido. Esta actuación será o sábado, día 4 de marzo, a partir das 17.00 hs.

Un ano máis, entroido tropical.