CHEGOU O ENTROIDO!!!
Chegou o Entroido tropical á Galiza!! O noso Bloco Afro e o noso Bloco da Prucu son os encargados de poñer o ritmo, a danza e a ledicia nas vilas e cidades galegas!!
O Entroido 2019 xa deu para nós o seu pistoletazo de saída cun concerto do Bloco da Prucu o pasado sábado 16 no barrio do Castiñeiriño, en Santiago de Compostela.
O vindeiro domingo 24 participaremos co Bloco Afro no desfile da Feira do Cocido de Lalín xunto con outros grupos e asociacións. Non podemos coas ganas de participar nesa fermosa festa, na terra da nosa incansable Eva.
A caravana tropical chegará a Ourense o xoves 28 e actuaremos no casco vello da cidade nos seguintes horarios:
–Xoves 28 de febreiro, 23:59h
–Venres 1 de marzo, 20:30h
–Sábado 2 de marzo, 23:59h
–Lúns 4 de marzo, 23:59h
Agardamos ver a todas as nosas amigas e amigos ourensáns bailando con nós en rúas e prazas!!
Si queredes saber máis do que se está cocendo en Ou, aquí tedes o Programa completo do Entroido de Ourense 2019O domingo 3 faremos un paréntese na nosa estancia en Ourense para facer kilómetros e dúas actuacións. Pola mañá (12:00h) poremos ritmo ás rúas de Redondela, mentres que pola tarde (17:00h) acudiremos á nosa cita ineludible no desfile de Entroido de Ribadavía, terra da nosa supercaixista Vio.
Este ano repetiremos en Barbadás o desfile de Entroido do martes 5, a iso das 17:00h e por terceiro ano consecutivo, abriremos o desfile de Padrón, que se celebrará o sábado 9, tamén en horario de tarde.
Vide bailar con nós os ritmos máis sabrosos do Entroido!