20/02/2017

Bloco da Prucu

O Bloco da Escola Prucupá é un espectáculo resultado das ensinanzas da escola. Nel, aplícanse os conceptos aprendidos de xeito práctico e achegan, dun xeito certo, á canteira de alumnado cara os diferentes proxectos profesionais de Trópico de Grelos. Todo o alumnado está convidado a participar.

As actuacións adoitan realizarse nas festas veciñais e actos reivindicativos pola zona de Santiago de Compostela e arredores.

O contacto co público a pe de rúa, xunto coa demostración do control sobre a materia estudada durante o curso, son a mellor práctica para dar un paso máis alá no mundo das batucadas e saborear a experiencia efervescente dunha actuación en directo, que sempre deixa ganas de máis.

A reflexión sobre os posibles erros no transcurso da mostra, fixa dun xeito natural as correccións dadas polo profesorado, facendo do Bloco da Escola Prucupá, o mellor espectáculo lectivo para o alumnado.

San Kanuto 2017
Bloco da escola Prucupá no San Kanuto 2017
Mostra Nadal 2016
Mostra de Nadal da escola Prucupá 2015