O Bloco Afro é un dos espectáculos de rúa máis soados de Trópico de Grelos. A súa cadencia crea un ambiente tinguido de rotundidade e ritmos alegres de Salvador de Bahía. Está acompañado de coreografías, que fan deste desfile musical unha actuación moi animada e, polo tanto, unha auténtica festa. Caracterízase pola súa contundencia e diferénciase do resto dos espectáculos, polos seus fraseos ó unísono e a conversa instrumental entre graves e agudos, que fan esta función especialmente festiva.
O Bloco Afro esperta no público as ganas de bailar e de participar activamente no desfile. A presenza marcada dos seus ritmos efervescentes, non deixa indiferente. O estilo co que se tocan os instrumentos, lembra o carácter ceremonial dun espectáculo feito principalmente para deixar a un lado os problemas e involucrarse, de xeito natural, entre repiques e coreografías.
Este espectáculo deleitará a toda aquela persoa que guste de presenciar esta festa tropical, acuñada pola negritude das súas raíces africanas.
Entroido tropical 2016![]() |
Entroido de Verán Redondela 2016![]() |